A miña lingua materna é o conflicto entre linguas

▲ Galiciska har sitt ursprung i det gamla galicisk-portugisiska språket och är nära besläktat med portugisiska. Det finns två skrivsätt. Ett officiellt, som ligger närmare spanska, och ett annat som kämpar för att också bli officiellt, som ligger mycket närmare portugisiska.

Foi só cando Breogán Xague deixou a Galiza cando decidiu pasar de empregar o español como primeira lingua ao galego. Mais foi máis difícil do que pensaba, ao loitar polo recoñecmento da súa lingua e ao mesmo tempo ser fiel a unha realidade complexa.

1- Sobre unha lingua coma un corpo

En Suecia, é moi difícil que alguén saiba o que é o galego. Si que me teño atopado con xente que sabe o que é a Galiza, máis ou menos. Ata amigos que antes de coñecerme xa visitaran o territorio. Pero claro, estas relacións son case sempre turísticas. Non son tanto viaxes á Galiza como tal, senón visitas que teñen na cabeza ver Portugal ou o norte de España. Entón, non é que en Suecia non se sepa onde está a Galiza, senón que se descoñece a súa situación cultural.

Escoitando estas viaxes por parte de amigues ou coñecides, chámanme a atención dúas cousas. A primeira é o choque visual que se atoparon. Non é o que agardaban, agardaban espazos que se correspondesen cun imaxinario de España. A segunda é o coñecemento superficial de que ahí, na Galiza, parece que hai algo así coma un idioma propio. Pero tampouco mo dixeron nunca dun modo confiado, coma si que teño escoitado de Euskadi ou de Cataluña. Semella que non chega tanto ruido. Ambas cuestións están relacionadas; o xeito no que se amosa Galiza dende as imaxes interna e externas afecta á visibilidade política do idioma.

No meu tempo en Suecia, non tiven tanta xente que me visitase dende a Galiza. A miña contorna aquí ten unha visión de min e de onde veño que, lóxicamente, é diferente á que ten a xente que me arrodea na Galiza, nun idioma que domino máis. Non obstante, si que tiven un amigo que me visitou. O que máis lle sorprendeu foi que cada vez que lle presentaba a alguén, sempre lle preguntaban “are you also Galician?. Facíalle moita gracia que ninguén mencionase nin por asomo España, sendo Galiza parte do estado español. Eu non tiña consciencia de ter sido tan claro dende o inicio co meu posicionamento entre Galicia e España, con ter falado tanto, a un nivel persoal, do que implica un nome e outro. Entón, agora, pregúntome como é que eu fun definiindo a miña lingua e a miña identidade ao seu redor dende Suecia, en que elementos me sostiven para tratar de ser entendido como migrante.

Decátome de que cando intento definir a miña lingua aquí, acabo explicándome dun xeito diferente. Falo de que o galego é un idioma minorizado, dentro dunha cultura minorizada. Recalco estos termos, insisto en definilos no contexto específico dunha nación sen estado. Mais non son capaz de determe no idioma, penso que non ten sentido. Comezo a falar das paisaxes, da relación entre elas e os traballos físicos que as arrodean, na identidade social que históricamente se ten xerado en torno aos mesmo. Exténdome de máis en como isto non se amosa dende o centro de España, en como as ferramentas coas que nos expresamos a nós mesmos veñen condicionadas polas imaxes que se xeraron de nós dende fóra. Detéñome no difícil que resulta extraer unha imaxe dunha cidade ou dunha aldea galega, en cómo se foron formando espazos híbridos e en movemento. Falo dun proceso asimilacionista que arrodea ao idioma e diferencio entre como este se fala na miña cidade ou na aldea de meu pai.

Cantigas de Santa María är en samling trubadursånger som skrevs någon gång under 1200-talet. Det är en av de första kända skrifterna på Galiciska, som på den tiden låg nära portugisiskan.

Falo do medo á perda de sons, de palabras, de xestos, de músicas e de cantos que non acabo de saber localizar. Acabo falando da miña familia, de como os meus pais me falaron en castelán malia falar diariamente galego entre eles e ter sido criados nese mesmo idioma. Menciono sempre que podo que eu comecei a falar galego como primeira lingua aquí, que a comunicación deste idioma naceu dende a distancia, que son un neofalante. Falo agora diariamente coa miña familia a lingua na que elus pensan, coma se fose algo novo, tendo que reaprendela, tendo nacido e vivido na Galiza.

Pérdome nas conversas e comezo a facerlle preguntas aos meus amigos suecos, en vez de responder eu ás súas. Por que necesitei de estar tan lonxe e só para poder falar a miña lingua materna, que é o que acontece alí que me fixo sentir vergoña cando o intentaba? Sinto Suecia como unha parte de min porque aquí foi onde decidín empregar o galego como primeira lingua, aínda que a xente que o falase estivese doutro lado do teléfono. Construín unha casa nesa deslocalización e agora non sei como vivir nela.

2 – Sobre un corpo coma un acontecemento

Nestas incoherencias, nas que penso que se moven moites falantes de linguas minorizadas, apoieime ás veces na escrita. Especialmente en tipos de poesía que me permitían fixarme na percepción do que me arrodeaba. Non necesariamente atopar respostas senón situacións complexas, vividas e móbiles. A poesía galega é dunha calidade tremenda, é fascinante a cantidade de autoras e pezas que produce. O ano pasado comecei a recomendar por Estocolmo a Chus Pato, metínme máis no seu traballo. Nunha entrevista súa atopeime cun pensamento que resume o que me gustaría expresar con este texto. O entrevistador pregúntalle se a poesía hai que escribila en lingua materna, e reflexionando sobre cal é a súa, Pato di que a súa lingua materna é o conflicto. Nin o galego, nin o castelán, o conflicto entre ambos, a diglosia.

Unha lingua non é algo puro, sólido e inmóbil; é á vez política e politazada, “contamínase” con outras, contraése ou amplíase. Isto acontece tamén en linguas hexemónicas, porque son organismos vivos, ata en situacións de poder onde a súa normatividade está máis establecida. No caso galego, como lingua minorizada, este movemento é complexo porque forma parte dun proceso no que unha lingua minorizante e hexemónica -a española- minoriza a outra á históricamente e socialmente perseguida ata o día de hoxe- a galega-. Ser imparcial nesta diglosia, neste conflicto, sería axudar a destruír o subalterno. Mais,ao mesmo tempo, non ten xa sentido tratar de recontruír ao completo o danado na lingua galega por culpa desta violencia. A situación é outra, o contexto é de transformación e os galegofalantes temos que aproveitalo ao noso favor.

Galiciska har sitt ursprung i det gamla galicisk-portugisiska språket och är nära besläktat med portugisiska. Det finns två skrivsätt. Ett officiellt, som ligger närmare spanska, och ett annat som kämpar för att också bli officiellt, som ligger mycket närmare portugisiska. Bild: Xoán Rey

Para iso, urxe pensar que a diglosia non é só verbal, aparece nun plano visual. A relación entre unha cultura hexemónica e unha minorizada, percute nas imaxes que se producen para relacionarnos coa segunda. Sexan estas exotizacións creadas dende o centro de España ou autoexotizacións nas que nos mesmo caemos. Temos, por sorte, músicas, escritos e obras plásticas que amosan unha paisaxe máis industrial e menos plana, que indagan nas relacións entre a comunidade que vive neses lugares e os seus traballos e a súa vida. Mais tamén temos imaxes máis románticas desas paisaxes, moitas veces en filmes recentes, onde se reproducen tópicos tanto no comportamento das personaxes, -ariscas, silenciosas, urañas- como no xeito de amosar a paisaxe e o clima. Por suposto, tamén temos un espacio entre medias, obras de calquera disciplina nas que aparecen ambas situacións, que se misturan pola posición de quen as crea, polo seu tempo, pola diglosia do lugar no que nacen ou, tristemente, por ter demasiado en conta que é a diferencia entre nós e os outros o que produce valor no exterior.
É dicir, non penso que teñamos que abordar este contexto dende a creación dunha dualidade necesariamente, senón dende a comprensión das incoherencias nas que ás veces podemos cair, explorándoas sempre dun xeito crítico e consciente. Neste punto, o que acontece na miña lingua non acontece só en galego. Teño amigos que, por desgraza, case non falan galego e non podo pensar na miña cidade sen pensar neles, unha cidade que ademáis ten moita poboación migrante de fala hispana que precisa dun tempo e dunhas condicións que non sempre teñen para aprender unha lingua nova.

Cando penso no meu país gustaríame imaxinalo en galego, pero a realidade é moito máis complexa. Entón que facemos? como inclúo ambas situacións á vez que me posiciono, como defino a miña lingua se ao pensar nela aparecen tamén as relacións que esta produce naquela xente da miña contorna que non a fala. De novo, non é tanto pensar nunha lingua para falar do galego, senón nas capacidades que están implícitas nunha lingua e en como estas se trasladan aos seus falantes ou non. Pensalo máis alá dunha relación concreta, de falar e escoitar, e amplialo ao contexto político no que vive ese idioma e como este o vehicula dun xeito ou doutro. Pensar nas dinámicas que fan ver a lingua galega coma un ornamento, coma un elemento máis dun producto a vender no exterior, ao mesmo tempo que coidamos os dereitos dos seus falantes.

Volvendo ao meu problema en Suecia, a como explicarlle a alguén aquí que é a lingua que falo, quizáis non deba definir tan facilmente que é o que é o galego. Quizáis non é malo que acabe falando de moitas máis cousas que do idioma en si. A miña lingua é un evento, está nunha situación de transformación. Acontece e afecta os corpos que toca e estes modificana a ela. Como tantas outras linguas, como tantos outros seres vivos.

Breogán Xague • 2025-10-27
Breogán Xague är bildkonstnär, poet och musiker. Har gett ut en bok på galiciska och haft två separatutställningar i Stockholm.